Magnética Conspirando con luces

Volantes, Peliqueiros, Mecos e Maragatos. O Antroido.

Lunes 7 de marzo de 2011

Chantada, Lugo.
Antroido. Domingo Corredoiro, 27 de Febreiro de 2011.

Canon 5D Mark II.
Canon 50 mm f1.4.

Volantes, Peliqueiros, Mecos e Maragatos

Hoxe de novo penso no tempo do Antroido. Sol frío, días crecentes, berridos, e matanzas, semella o despertar dunha natureza violenta.

Sentía o mesmo medo ca nai, éste medraba ao aproximarse o son dos volantes. A eclosión era visual, as cintas de cores xirando e xirando semellaban pra min certa felicidade, esa imposible tranquilidade vendida no happy world. Perdida entre xiros e máis xiros dorados achegábase a sombra, o maragato axitando as fustas. O medo, o meu berro, e a fuxida.

No puto Franquismo foron prohibidos, perseguidos por fascistas e curas inquisidores, alguén sempre vixiaba mentres o resto reuníase pra se disfrazar agachados nunha adega.

Información sobre o Antroido Ribeirao Concelho de Chantada